lunes, 28 de marzo de 2011

Festa da Reconquista

Aquí deíxovos unha mostra da Festa da Reconquista desta fin de semana. Mateo pasouno fenomenal vendo os animais da granxa, gritándolle aos franceses "¡fóra de Vigo!", bailando cos pandereteiros e coma non... comendo bocadillos de chourizo!!
Saúdos,
Noelia

domingo, 27 de marzo de 2011


Este domingo pudimos asistir al espectáculo "Bach en la arena" en la Fundación Pedro Barrié de la Maza, el cual clausuraba el ciclo "Despertamos a las artes" de este año.

Marina disfrutó mucho con la música en directo, la danza ... y como no, con la arena, ya que al finalizar la obra, permitieron que los niños se acercasen a jugar con ella en el escenario.

Os dejo una imagen tomada al finalizar el espectáculo.

Un saludo,
Adela

miércoles, 23 de marzo de 2011

Os primeiros en cumprir!

Moitas felicidades campións!



Festa da Reconquista de Vigo


Esta fin de semana terá lugar en Vigo a festa da Reconquista na que se conmemora a saída das tropas francesas da cidade en 1809. E unha boa escusa para pasear cós peques polo Casco Vello de Vigo e ensinarlles un pouco da historia de Vigo. Haberá gran cantidade de postos, artesáns e de comida e pódense ver artesáns traballando o barro, prata, vimbio... Déixovos actividades infantís que terán lugar durante a festa: Sábado 26. Rúa Eduardo Chao 10.00h. Granxa de animais 12.00h. Pinga Teatro, contacontos 17:00h: Vira Volta Títeres: O galo Quirico e os seus amigos e Xigantes e Cabezudos de Matamá (por rúas e prazas do Casco Vello) 19:00h: Codia e Miolo, contacontos
Domingo 27 10.00h. Granxa de animais 12.00h. Atrezo Teatro, contacontos e cabezudos por rúas e prazas do Casco Vello

Saúdos,
Noelia

domingo, 20 de marzo de 2011


El próximo fin de semana acaba el programa "Despertamos a las Artes" de la Fundación Pedro Barrié de la Maza. Os animo a asistir con vuestros peques, es una experiencia fantástica.
Como la entrada es gratuíta, os recomiendo ir con tiempo para hacer cola ya que hay plazas limitadas.
Podeis consultar la programación en su web www.fbarrie.org

Hoy, Marina y yo lo pasamos fenomenal viendo el espectáculo "Sueña", y el anterior "Concierto para bebés" también fué estupendo.

Un saludo!
Adela
Mamá de Marina

viernes, 18 de marzo de 2011

Invitación para publicar no blog

Ola! 

     Quero convidarvos a todos a introducir publicacións no blog. Para que isto sexa posible, necesito que me enviedes a bloggarcíabarbonclara@gmail.com unha conta de correo de google, dende a cal vos poderedes conectar.

     Unha vez que eu introduza os vosos correos deberedes aceptar a invitación, e xa, dende ese momento, poderedes comezar a publicar novas entradas no blog.

Ánimo!

Hoxe tivemos un día moi especial!

    A profesora encargada da horta, Juani, levounos ao laboratorio para ver como se facían as palomitas de millo. Estivemos todos moi atentos e ao rematar démonos unha panzada de palomitas!
    E iso non foi todo, xa plantamos as sementes para proximamente levalas á horta...


miércoles, 16 de marzo de 2011

Comezamos un novo libro

Ola! Esta semana comezamos o cuarto libro de Mica, "De grande quero ser...".
Sería interesante para falar na asemblea que, na medida do posible, coñecesen de que traballades e que é o que facedes.


viernes, 4 de marzo de 2011