lunes, 28 de febrero de 2011

Unha pequena mostra do que facemos

       A continuación preséntovos un breve resumo dunha mañá na aula. Só é un pequeno reflexo do que facemos, xa que necesitaríamos algo máis que unha cámara de fotos para captar os diálogos da asemblea, as cancións, os bailes, un conto,...
    

domingo, 27 de febrero de 2011

Entroido

        Ola! Na primeira reunión comentei a posibilidade de quedar para facer os disfraces pero falei cos cativos se o querían facer eles e non houbo ningún que non quixera.
        Xa que non preciso a vosa colaboración, nesta tarefa, se se vos ocorre algunha outra actividade para realizar xuntos, agradeceríavos propostas.
        TAN SÓ PODO ENSINARVOS UNHA FOTO DO QUE ESTAMOS A FACER, SENÓN NON SERÍA SORPRESA!

lunes, 21 de febrero de 2011

Recomendacions

Gustaríanos que entre outras finalidades o noso blog permitira intercambiar todo tipo de suxerencias e recomendacións sobre calquer medio ou actividade de caracter cultural que vos pareza interesante tanto para as familias, os pais , ou os peques...xa sexan libros, pelis, exposicións, actividades, teatro....
Comenzamos coa recomendación dun libro Marcelo o morcego. Marcelo é un morcego singular. Ao noso protagonista non lle gustan os insectos, como cabería esperar dun morcego, o que lle gusta realmente son os grelos. Que importa ser diferente?!
A constancia e o esforzo fan que Marcelo se convirta nun superheroe rural.
O libro é especialmente querido porque ademáis está publicado pola nosa compañeira de infantil  Beatriz.
Se queredes saber máis do conto consultade este enlace onde Xabier Queipo fai unha recensión do libro.
http://www.editorialgalaxia.es/parati/libro.php?id=988

A mochila viaxeira

Este curso iniciamos una nova actividade de fomento da lectura dentro do Proxecto Lector do Centro. Trátase das Mochilas Viaxeiras. Esperamos que vos guste 
                                          

martes, 15 de febrero de 2011

Aniversarios

Ata agora tivemos catro aniversarios, o de EVA, TELMA, MATEO E CARLOS!. Cada vez que chega este día máxico celebrámolo cunha pequena festa. Nesta publicación podedes ver as fotos destes case case expeques (voz).


Contidos mensuais de Febreiro

Este trimestre seguimos co proxecto e o caderno de actividades de Mica. Os contidos que imos traballar este mes son os seguintes: