lunes, 21 de febrero de 2011

Recomendacions

Gustaríanos que entre outras finalidades o noso blog permitira intercambiar todo tipo de suxerencias e recomendacións sobre calquer medio ou actividade de caracter cultural que vos pareza interesante tanto para as familias, os pais , ou os peques...xa sexan libros, pelis, exposicións, actividades, teatro....
Comenzamos coa recomendación dun libro Marcelo o morcego. Marcelo é un morcego singular. Ao noso protagonista non lle gustan os insectos, como cabería esperar dun morcego, o que lle gusta realmente son os grelos. Que importa ser diferente?!
A constancia e o esforzo fan que Marcelo se convirta nun superheroe rural.
O libro é especialmente querido porque ademáis está publicado pola nosa compañeira de infantil  Beatriz.
Se queredes saber máis do conto consultade este enlace onde Xabier Queipo fai unha recensión do libro.
http://www.editorialgalaxia.es/parati/libro.php?id=988

No hay comentarios:

Publicar un comentario