domingo, 29 de mayo de 2011

Agasallos de Marina e Eva

     Marina e Eva fixéronnos dous agasallos moi especiais que axudaronnos a entender os contidos traballados nas fichas.
     Marina tróuxonos a planta de framboesas (estivemos a repasar as partes dunha planta) e Eva regálonos un montón de cereixas de Beade (falamos de como da flor sae a froita e as sementes e do bo que é comer froita...).
     Moitísimas grazas as dúas foi un gran agasallo.

 
 

sábado, 28 de mayo de 2011

Novos aniversarios!

    Os grandes protagonistas deste mes foron Xandre e Sergio que abandonaron os 3 aniños para cumprir 4 añazos.

MOITAS FELICIDADES CAMPIÓNS!!! 
     

viernes, 27 de mayo de 2011

Ola!
Hoxe os nenos e nenas levan na mochila unha nota preparada por Adela e por min para facer un encontro de todas as familias da clase.
Parécenos unha boa idea para compartir todas as familias unha actividade fóra do cole.
O mellor día é o domingo e para dar tempo a organizarse, puxemos dúas opcións: domingo 12 ou o 19 de xuño, para xantar ou pola tarde.

Logo coas preferencias das familias fixaremos o día e o lugar. Pensamos no Parque Forestal de Beade porque está preto e hai varias familias con bebés.... pero admítense propostas!!! ANIMÁDEOS!!
Saúdos, Noelia e Adela

miércoles, 25 de mayo de 2011

A pantalla dixital

Ola,
     Estes días estamos a repasar os contidos traballados durante o curso. Para iso empregamos a pantalla dixital. A continuación podedes ver un vídeo do moito que aprendemos (non saen todos os nenos porque o vídeo ocupaba moitos Mb pero xa colgarei máis).

García Barbón:Primer clasificado en la Liga escolar de Baloncesto


El pasado Lunes se jugó en el colegio la final de la Liga escolar de Baloncesto en la categoría Alevín. Después de un año de entrenos , partidos.... nuestros niños de 5º y 6º consiguieron quedar primeros.
El hermano de Carlos y sus amigos le prometieron que si conseguían la copa se la dejarían levantar, y así fue...
La verdad, se lo tenía merecido después de los madrugones de los sabados para ir a los partidos y de las horas de espera en las gradas.....
Sobra decir que para Carlos fue un momento super emocionante.....

sábado, 21 de mayo de 2011

EcoParque Municipal de Marín

Una alternativa para pasar una tarde divertida en familia. El único requisito es tener más de 4 años y muchas ganas de pasarselo bien.
Pincha aquí y podrás visitar la página

viernes, 20 de mayo de 2011

Actividades para aprender

Pinchar aquí y podreis acceder a una página interesante que puede servir para reforzar los contenidos que están viendo en el aula.

jueves, 19 de mayo de 2011

Votacións 2011

     Co fin de achegar a vida real á escola, os nenos e nenas de tres anos, preparámonos para as votacións municipais cunha pequena votación, simulando a real.
     En lugar de establecer o "axudante da profe" por orde alfabético, como todos os días, fixemos unha votación.
    A continuación podedes ver as fotos cos resultados:


E a gañadora é ... EVA

jueves, 12 de mayo de 2011

¿VAMOS TODOS JUNTOS AL ZOO??

Hola,
El martes 17 por la tarde, Marina y Mateo irán al zoo para ver los animales siguiendo con el tema de clase de este mes. Así que sería estupendo que os animarais para que todos los niños pasen una tarde juntos!
Proponed aquí una hora y quedamos allí para hacer la visita todos juntos!
Saludos, Adela y Noelia

Máis sobre Letras Galegas

Mañá venres, 13 de maio, haberá coma sempre ás 18.30h. contacontos na Librería "Libros para Soñar", no Casco Vello. Esta vez trátase dun espectáculo baseado no libro "O meu gato é un poeta" no que o escritor Fran Alonso coa súa voz e o músico Xurxo Souto co seu acordeón farán que a poesía infantil se convirta en maxia, música e xogo.
Saúdos, Noelia

miércoles, 11 de mayo de 2011

Letras Galegas 2011: LOIS PEREIRO

     O día 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas. No cole para celebrar este día fixemos unha caricatura de Lois Pereiro (a colocaremos na corticeira da entrada), un vídeo onde os nenos e nenas da clase contan un conto en galego (o colgarei no blog a partir do venres) e imos visitar unha exposición de libros na Biblioteca do Centro.
     Aqui vos deixo unha páxina web, sobre Lois Pereiro, con actividades para facer en liña.

http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/

    E xa para rematar gustaríame recomendarvos algúns CDs de música en galego.

domingo, 8 de mayo de 2011

Novos contidos

     Ola! Comezamos novo libro. Sen deixar de todo o anterior, "as plantas", introducímonos nun novo tema "A familia dos animais".
     Para non cinguirnos só ao libro se queredes enviarnos algún conto, información ou actividade, que este relacionada cos animais, o veremos todos xuntos na aula.  Moitas grazas

viernes, 6 de mayo de 2011

Plan para o domingo




Ola!!


Déixovos unhas fotos da Festa dos Maios deste domingo no Casco Vello onde se celebrou a chegada da primavera. Aquí aparecen Marina e Mateo concentradísimos escoitando o contacontos. Noutra foto, vedes a Mateo facendo de alfareiro co torno. Saúdos, Noelia

martes, 3 de mayo de 2011

Obradoiro de igualdade

Ola familias!
    Hoxe tivemos a visita Mara, traballadora da concellería de igualdade, coa que fixemos cantidade de cousas.
     Primeiro contounos un super conto no cal todos axudaban na casa. A continuación fixemos un xogo no cal sacabamos dunha bolsa diferentes obxectos e logo os tiñamos que ir clasificando dependendo de se necesitaban frío, se se gardaban na alacena ou cos produtos de limpeza. E para rematar con esta sesión ensinounos unha canción acompañada dun divertido baile.
    A continuación podedes ver unhas poucas fotos de todo o que fixemos.


domingo, 1 de mayo de 2011

¡Vermes de seda!




Deíxovos unhas fotos dos vermes de seda que temos desde hoxe en casa! son nove!! e de varios tamaños. Tamén temos xa 5 capullos formados. Se queredes, irei colgando fotos para que os nenos vexan como crecen, comen ou forman o capullo.
Clara, se queres, pode Mateo levalos a clase algún día. Saúdos,
Noelia

Felicidades parruliñas!

Que rápido pasa o tempo! Xa catro anos!
MOITAS FELICIDADES FERMOSAS!