martes, 3 de mayo de 2011

Obradoiro de igualdade

Ola familias!
    Hoxe tivemos a visita Mara, traballadora da concellería de igualdade, coa que fixemos cantidade de cousas.
     Primeiro contounos un super conto no cal todos axudaban na casa. A continuación fixemos un xogo no cal sacabamos dunha bolsa diferentes obxectos e logo os tiñamos que ir clasificando dependendo de se necesitaban frío, se se gardaban na alacena ou cos produtos de limpeza. E para rematar con esta sesión ensinounos unha canción acompañada dun divertido baile.
    A continuación podedes ver unhas poucas fotos de todo o que fixemos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario