viernes, 27 de mayo de 2011

Ola!
Hoxe os nenos e nenas levan na mochila unha nota preparada por Adela e por min para facer un encontro de todas as familias da clase.
Parécenos unha boa idea para compartir todas as familias unha actividade fóra do cole.
O mellor día é o domingo e para dar tempo a organizarse, puxemos dúas opcións: domingo 12 ou o 19 de xuño, para xantar ou pola tarde.

Logo coas preferencias das familias fixaremos o día e o lugar. Pensamos no Parque Forestal de Beade porque está preto e hai varias familias con bebés.... pero admítense propostas!!! ANIMÁDEOS!!
Saúdos, Noelia e Adela

No hay comentarios:

Publicar un comentario