

Esta fin de semana terá lugar en Vigo a festa da Reconquista na que se conmemora a saída das tropas francesas da cidade en 1809. E unha boa escusa para pasear cós peques polo Casco Vello de Vigo e ensinarlles un pouco da historia de Vigo. Haberá gran cantidade de postos, artesáns e de comida e pódense ver artesáns traballando o barro, prata, vimbio... Déixovos actividades infantís que terán lugar durante a festa: Sábado 26. Rúa Eduardo Chao 10.00h. Granxa de animais 12.00h. Pinga Teatro, contacontos 17:00h: Vira Volta Títeres: O galo Quirico e os seus amigos e Xigantes e Cabezudos de Matamá (por rúas e prazas do Casco Vello) 19:00h: Codia e Miolo, contacontosDomingo 27 10.00h. Granxa de animais 12.00h. Atrezo Teatro, contacontos e cabezudos por rúas e prazas do Casco Vello
Saúdos,
Noelia
Estan interesantes as actividades, a granxa de animais en que consiste?.
ResponderEliminarSaudos