O vineiro mércores 15 de xuño imos realizar unha actividade no colexio cos nenos/as de infantil de 3 anos. O obradoiro inclúe unha demostración de gaita galega e pandeireta coa colaboración dunhas nais que tocan estes instrumentos. Con tal motivo traballaremos algunhas das pezas do traxe popular galego. Pregámosvos que para ese día os nenos e nenas veñan vestidos cunha camiseta ou camisa branca e calcetíns da mesma cor.
Agradecemos de antemán a vosa colaboración.
Un saúdo
As titoras de 3 anos
No hay comentarios:
Publicar un comentario