lunes, 21 de noviembre de 2011

CINE NO VERBUM (SAMIL)


DOMINGO 27

LILO & STITCH
Ano: 2002
Duración: 83 minutos
Dirección e guión: Chris Sanders e Dean Deblois
País: USA
Xénero: animación
Público:dirixida ao público infantil, de todas as idades.
Idioma: castelán
SINOPSE:

“Lilo & Stitch” conta o encontro dunha nena cun extraterrestre dos máis buscados da galaxia. Lilo é unha nena hawaiana que se sinte soa e decide adoptar un “can” moi feo ao que chama Stitch.


Stitch sería a mascota perfecta se non fose na realidade un experimento xenético que escapou dun planeta alieníxena e que aterrou no planeta por casualidade.


Co seu amor e a súa inquebrantable fe no “oha-na” (o concepto hawaiano de familia), Lilo acaba conquistando o corazón de Stitch e ofrécelle algo que o orixinal “can” nunca pensou ter: un fogar.


Ao comezo de cada filme proxectarase unha das curtas participantes nas anteriores edicións do Concurso de microvídeos e fotografía dixital que se convocou co gallo da conmemoración do 25 de novembro. Día Internacional contra a violencia de xénero. Duración:3 minutos.
Lugar: Verbum-Casa das Palabras.
Avda. de Samil, 17
A entrada é de balde e libre ata completar o aforo.
Organiza: Concellería de Igualdade e Consello Municipal da Muller
Colabora: Verbum-Casa das Palabras

No hay comentarios:

Publicar un comentario