jueves, 29 de noviembre de 2012

Teatro Familiar. Vigocultura

A Concellería de Cultura e Festas, ante o éxito de demanda de venda de entradas das funcións para público familiar, previstas para os domingos de decembro ás 18 horas (días 16, 23 e 30), dentro do programa VIGOCULTURA no Auditorio do Concello, decidiu ofertar outra función de cada un dos espectáculos ás 12 horas. A oferta de espectáculos para público familiar no mes de decembro no Auditorio Municipal queda pois deste xeito:
 - Domingo 16 de decembro ás 12 e 18 horas: Compañía Baobab Teatro con "Babs". Espectáculo recomendado para os máis cativos da casa, a partir de 1 ano que conta a historia de Babo, un ser pequeniño que quere descubrir o mundo; el é pequeno e o mundo demasiado grande. Babs é o lugar onde viven Babo e os seus amigos Baba, Babu, Babi..., un mundo descoñecido para nós pero cómodo, seguro e confortable para eles. A mamá de Babo fala, fala e fala e o seu pequeno explora, explora e explora, tanto que desaparece...
 - Domingo 23 de decembro ás 12 e 18 horas: Compañía Mamá Cabra con "Cantos Pequenos". Espectáculo recomendado para todos os públicos que repasa a traxectoria vital de Mamá Cabra. Un paseo sonoro polos, nada menos que 11 anos que o grupo leva nos escenarios. Un espectáculo repleto de cancións que forman parte da nosa memoria colectiva: O Pirata Metepata, Polás Rúas, Sereiña, Unha vella tiña un can, etc.
 - Domingo 30 de decembro ás 12 e 18 horas: Compañía Viravolta con "A caixa de música". Un espectáculo recomendado para todos os públicos no que Icía e Salterio, xogando estragan a caixa de música de Calderón, o vello músico que toca na praza. Apesarada, Icía buscará o xeito de arranxala con uns habilidoso personaxes, Zaracruso e Alterego, que se poden prestar "gran axuda". Visualmente atractivo, traslada aos espectadores a un universo único.
 Os prezos son de 3 € para os menores de 12 anos e 5 € a partir desta idade. As entradas xa se poden adquirir ben a través de internet en www.servinova.com, por teléfono no 902504500, ou presencialmente na Central de Espectáculos (Velázquez Moreno 26) de luns a venres de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas e sábados de 10 a 13 horas. As entradas que non se vendan anticipadamente, de as houber, se porán á venda na taquilla do Auditorio o mesmo día a partir dunha hora antes de cada función. Dáte presa xa que hai funcións que están a piques de agotar as entradas. Saúdos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario